lunes, 8 de noviembre de 2010

POEMA DAS CABAZAS

Cunha cabaza
que collas na horta
poderás facer
unha cabeza torta.

Vendo estas cabazas
vas morrer de medo,
ou se cadra de risa,
depende de cada neno.

Cabazas por eiquí, í, í, í
cabezas por alá, á, á, á
cabazas, cabezas, qué medo, ah!, ah!
cabazas, cabezas, qué risa, ja, ja, ja!