lunes, 8 de noviembre de 2010

DÉIXOVOS UNHA CANCIÓN DA PELÍCULA "PESADILLA ANTES DE NAVIDAD" SOBRE HALLOWEEN, A CANTAAR!

ESTO ES HALLOWEEN


UNHAS HISTORIAS TERRORÍFICAS...QUÉ MEDO!

HISTORIA DE MEDIA NOITE

Era unha noite escura e tres nenos do equipo de baloncesto se foron da casa porque eles non crían nos pantasmas nin nos mortos viventes .E deron unha volta e se atoparon coa casa encantada. Eles non sabían que esa casa estaba encantada de verdade así que entraron nela e andiveron polos pasillos e parecía como se lle vixiaran mentres ían camiñando e despois oíron un grito que viña de arriba. Subiron polas escaleiras e as escaleiras cruxían moito e chegaron ata a cociña e encontraron unha sopa e empezaron a comer. Despois de estar moi cheos foron ao pasillo do medo, así o chamaban porque dicían que daba moito medo, pero aínda que os nenos eran fortes e intelixentes xa tiñan un pouco de medo...Pasado un rato empezou a facer un ruido que daba moito medo.uhhhh! non sabía que fora… e outra vez sonou uhhhhh! E enseguida se foron para súa casa e prometeron os seus pais que non volverían a escaparse.

ALBA

 
A TERRORÍFICA HISTORIA DE HALLOWEN 

Érase unha vez, unha amiga miña chamada Claudia. Claudia na noite do Samaín tamén coñecido como Hallowen invitou a súa amiga Lúa a súa casa. Pola noite, cando xa era tarde, elas estaban vendo a tele e de repente abríronse as cortinas, e entón levantáronse rápidamente para saber que había pasado, intentaron encender las luces, pero non funcionaban, logo oíuse un grito aterrador: ¡aaaaaahhhh!
Elas xa non sabían que facer e fóronse correndo desde o salón ata a habitación. Estaban mortas de medo, e entón petaron na porta. Claudia foi a habitación e… ¡Lúa había desaparecido!e Claudia asustouse aínda máis. Foi a durmir pero non era capaz, pensou que era un sono, “pero non era así” e cando durmíuse desapareceu e non se volveu a saber máis nin de Lúa nin de Claudia…
Seis meses despois apareceron e cando volveron ao colexio tiñan tantos deberes e notas de exercicios sen facer que morreronse dun infarto.¡muuaa jajajaja!

LAURA FALQUE

POEMA DAS CABAZAS

Cunha cabaza
que collas na horta
poderás facer
unha cabeza torta.

Vendo estas cabazas
vas morrer de medo,
ou se cadra de risa,
depende de cada neno.

Cabazas por eiquí, í, í, í
cabezas por alá, á, á, á
cabazas, cabezas, qué medo, ah!, ah!
cabazas, cabezas, qué risa, ja, ja, ja!

O SAMAÍN

Os orixes do Samaín


A noite do 31 de outubro comezaba o aninovo celta, como aínda se celebra na illa de Man. Nesta noite as ánimas dos finados voltan visitar as súas familias e as súas vellas casas para quentarense ao carón do lume e comer dos alimentos que con agarimo lles teñen preparados os parentes.


O cristianismo, adoptando o ano novo dos celtas e a súa festa á honra dos mortos, designaría o primeiro de novembro como día de Todos os Santos, e no século XII, ao día seguinte como día de Defuntos.


A lenda das Cabazas


Chega o outono. Tempo de castañas, noces, vento, follas secas e días escuros. É o tempo de recoller o maínzo e as cabazas. É tamén o tempo en que a rapazada fai as caveiras na cortiza das cabazas, seguindo unha antiga tradición dos tempos dos celtas.Os celtas foron uns antigos habitantes de Galicia. Un dos seus costumes era poñer unha luz acesa dentro das caveiras dos inimigos mortos. Xa hai moitos séculos que tal costume se perdeu, máis hoxe en día aínda fica a tradición de tallar unha caveira na cortiza dos melóns e poñer no seu interior unha candea que escentile pola noite


Os celtas, antigos habitantes de terras galegas, tiñan un grande respecto polos mortos. Nas súas caveiras poñían unha candea para que, ao escentilar pola noite, puxera medo no corazón da xente. Tal cousa facíana ao chegar os tempos escuros do ano, que ao andar o tempo, foise transformando na festa dos defuntos.


Hoxe en día xa non se practican tales crenzas, máis ao longo do tempo mantívose un costume derivado destas: tallar caveiras na cortiza das cabazas e alumealas cunha candea no seu interior.